Bacharelato Internacional

bi

Nos programas do BI, a educación integral alcánzase mediante a aprendizaxe...

Ler máis

CAMPAMENTO URBANO

deportes

Do 29 de xuño ao 29 de xullo

Rosalía FEDESA

Inscripción

Máis información

 

ANPA

Descuberta

Descuberta Blog

Blog do noso alumnado sobre a Igualdade

Ler máis

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO PARA O BACHARELATO INTERNACIONAL SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO PARA O BACHARELATO INTERNACIONAL Luns, 11 Novembro 2019   O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o director do IES Rosalía de Castro, Xabier Mouriño, asinaron en Raxoi o convenio de colaboración para o financiamento do Bacharelato Internacional. O... More detail
SEMANA POLO CLIMA Domingo, 22 Setembro 2019 More detail
PROBAS LIBRES DA ESO CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS DE SETEMBRO Xoves, 19 Setembro 2019 No ficheiro adxunto "Cualificacións das probas libres A"  e  "Cualificacións das probas libres B"  pódense ver as cualificacións definitivas da proba libre da ESO realizadas o día 6 de setembro. A... More detail
LISTAXES DO FONDO DE LIBROS Venres, 13 Setembro 2019 More detail

Bacharelato Internacional

O BACHARELATO INTERNACIONAL NO IES ROSALIA DE CASTRO

ib-logo

     O Bacharelato Internacional é unha fundación educativa sen fins de lucro, fundada en Xenebra (Suíza) en 1968. O que comezou sendo un único programa dirixido a alumnos que se desprazaban a outros países para cursar estudos preuniversitarios é, a día de hoxe, un ciclo educativo formado por tres programas para alumnos de 3 a 19 anos. Os tres programas ofrecen un ciclo educativo completo e coherente que fai fincapé no desenvolvemento integral -intelectual, persoal, emocional e social- da persoa. Nos tres programas, a educación integral alcánzase mediante a aprendizaxe de disciplinas de todos os campos do saber: linguas, humanidades, ciencias, matemáticas e artes.

     Os programas do IB fomentan a mentalidade internacional en alumnos e educadores a través do perfil da comunidade de aprendizaxe, un conxunto de valores que reflicten os seus principios:   

    • O Bacharelato Internacional ten como meta formar xoves solidarios, informados e ávidos de coñecemento, capaces de contribuír a crear un mundo mellor e máis pacífico, no marco do entendemento mutuo e o respecto intercultural.    
    •  En pos deste obxectivo, a organización colabora con establecementos escolares, gobernos e organizacións internacionais para crear e desenvolver programas de educación internacional esixentes e métodos de avaliación rigorosos.
    •  Estes programas alentan a estudantes do mundo enteiro a adoptar unha actitude activa de aprendizaxe durante toda a súa vida, a ser compasivos e a entender que outras persoas, coas súas diferenzas, tamén poden estar no certo.

Os programas do BI son os seguintes:

    • O Programa da Escola Primaria (PEP), para alumnos de 3 a 12 anos, que se concentra no desenvolvemento holístico do neno tanto na aula coma fora dela.
    • O Programa dos Anos Intermedios (PAI), para alumnos de 11 a 16 anos, ofrece un marco para o desenvolvemento académico e habilidades prácticas para a vida cotiá, que integra e transcende as disciplinas tradicionais.
    • O Programa do Diploma, para alumnos de 16 a 19 anos, ofrece un currículo amplo que responde ás necesidades de estudantes altamente motivados, e pode ensinarse en español, francés e inglés, todas elas linguas oficiais do BI. O Programa cúrsase en dous anos e outorga un título que recoñecen prestixiosas universidades de todo o mundo.

    Nos primeiros anos da posta en marcha, o Programa do Diploma consistía nun currículo preuniversitario e unha serie de exames externos comúns para alumnos de colexios de todo o mundo có obxectivo de ofrecer unha auténtica educación internacional. Nun primeiro momento, a maioría dos colexios que ofertaban o Programa do Diploma do IB eran colexios privados internacionais, aínda que tamén había algunhas institucións nacionais do ámbito privado e colexios públicos. Isto foi cambiando ao longo dos anos e na actualidade máis da metade dos Colexios do Mundo do IB, son colexios públicos.

    En cumprimento dos desexos e ideais dos seus fundadores, a Organización do IB ten como obxectivo ofrecer unha educación de calidade para construír un mundo mellor, tal como expresa a declaración de principios antes mencionada.

    O obxectivo fundamental dos programas do Bacharelato Internacional (BI) é formar persoas con mentalidade internacional que, conscientes da condición que os une como seres humanos e da responsabilidade que comparten de velar polo planeta, contribúan a crear un mundo mellor e máis pacífico.

Os membros da comunidade de aprendizaxe do IB esfórzanse por ser:

    • Indagadores
    • Informados e instruídos
    • Pensadores
    • Bos comunicadores
    • Íntegros
    • De mentalidade aberta
    • Solidarios
    • Audaces
    • Equilibrados
    • Reflexivos

    En España, 55 Colexios do Mundo do BI ofrecen os tres programas do Bacharelato Internacional: 6 centros ofrecen o Programa da Escola Primaria, 8 centros ofrecen o Programa dos Anos Intermedios e 54 centros ofrecemos o Programa do Diploma.

    O noso Centro obtivo a autorización para impartir este programa no ano 1989 gracias en gran medida ás xestións do entonces senador Xaime Barreiro Gil membro do Consello Escolar do Instituto. O Rosalía de Castro foi así o primeiro Centro público da nosa Comunidade en impartir este Bacharelato, e naquel momento un dos oito Centros públicos de España.

    A primeira promoción do BI, graduóuse en 1991, e desde entón foron sucedéndose exitosas promocións ata chegar ó momento presente. Estes alumnos colleitaron moitos éxitos na súa vida universitaria e profesional, e son a mellor publicidade e carta de presentación deste programa de estudos.

    Moitas dudas e confusións xurdiron nun primeiro momento: ¿era un tipo de ensinanza elitista?, ¿dado o seu coste, debería impartirse só en centros privados?, ¿terían que pagar os alumnos os seus dereitos de matrícula, e de ser así, non quedaba entonces o BI restrinxido só ós economicamente mais favorecidos que podían cursar esos estúdios nun centro privado?

    O plantexamento do director do Instituto e impulsor do proxecto, Ubaldo Rueda Soto, era que este tipo de ensinanza de calidade non quedase precisamente reservado a aqueles com mais oportunidades, e facelo asequible ós alumnos que estivesen dispostos a aceptar o reto que supón o cursar un currículo distinto, con unha metodoloxía diferente, e ó mesmo tempo simultanear os estudos do BI cós do bacharelato reglado para poder presentarse ós exames de Selectividade. Isto supuxo algunhas dificultades á hora de conseguir financiamento para cubrir os gastos que en calquera centro privado ten que abonar o alumno.

    Con esa intención, o director conseguiu ilusionar a un grupo de profesores que se embarcaron no proxecto ben dispostos a afrontar os problemas que todo comezo supón: preparación de novos currículos sen o apoio dun libro de texto, preparación dos alumnos para uns exames de avaliación externa (os exames prepáranse en Cardiff, e son corrixidos en distintos paises do mundo), que ó mesmo tempo está avaliando o labor do profesor, etc.

    Como coordinador do BI, o director nombrou a José Filgueira Cobos, profesor de Física, que desempeñou o seu labor ata que se retirou no 2007, ano no que, Ana Mª Quintáns Vázquez, profesora de Inglés, foi nomeada para continuar o seu traballo de coordinación contando sempre coa súa experiencia e total colaboración.

    Nos primeiros anos o BI estivo cofinanciado polo Ministerio de Educación e o Concello de Santiago de Compostela que desde sempre apoiou o proxecto. Unha vez transferidas todas as competencias educativas ó governo galego, o Ministerio argumentou que este pago correspondía á Conselleria de Educación da Xunta de Galicia. Isto levou a unhas duras negociacións e puxo en perigo a continuidade do proxecto, pero afortunadamente conseguiron solventarse as diferencias e actualmente tanto a Xunta coma o Concello están totalmente implicados no desenvolvemento deste tipo de ensino.

    No ano 1992, do 28 de febreiro ó 1 de marzo, o Instituto Rosalía de Castro foi anfitrión do seminário do BI sobre as seguintes matérias: Historia, Filosofia, Teoría do Coñecemento, e Español A1. Ó ano seguinte, do 12 ó 14 de novembro celebróuse no Instituto o Congreso Anual do BI, xunto cós seminarios de Español A1, Química, Matemáticas e Teoría do Coñecemento. O Bacharelato Internacional quedaba así consolidado.

    Hoxe en día, o noso Instituto leva xa formadas 20 promocións de alumnos neste programa de estudos con grandes éxitos académicos. Todos eles recordan o paso polo Centro como algo que marcou ás súas vidas, e non perden ocasión de volver a visitarnos, e de recomendarlle a outros posibles candidatos, sobre todo irmáns e familiares que non perdan a ocasión de acceder a este tipo de formación. Neles temos a mellor estímulo posíble para poder seguir formando xoves cualificados e competentes para o futuro.

    Cada vez son máis e máis as persoas interesadas en aceptar o reto que supón o cambio a un sistema académico e metodolóxico diferente, e coa mesma ilusión coa que empezamos, seguiremos a formar a estes alumnos de mentalidade internacional que van a integrarse a un mundo sen fronteiras.

José Filgueira Cobos / Ana Quintáns Vázquez

 

Boletín de Novas

Suscríbete ao noso boletín de novas e mantente informado ao momento.

Contacta con nós

Nuestros datos de contacto son los siguientes:.

O Rosalía nas Redes Sociais

Estamos en las redes sociales. Síguenos!.

Estadísticas

Ver accesos dos artigos
1118889

Temos 187 anónimos e ningún membro en liña

Vostede está aquí: Inicio Contido Bacharelato Internacional