Programacións

Bacharelato Internacional

O BACHARELATO INTERNACIONAL NO IES ROSALIA DE CASTRO

ib-logo

     O Bacharelato Internacional é unha fundación educativa sen fins de lucro, fundada en Xenebra (Suíza) en 1968. O que comezou sendo un único programa dirixido a alumnos que se desprazaban a outros países para cursar estudos preuniversitarios é, a día de hoxe, un ciclo educativo formado por tres programas para alumnos de 3 a 19 anos. Os tres programas ofrecen un ciclo educativo completo e coherente que fai fincapé no desenvolvemento integral -intelectual, persoal, emocional e social- da persoa. Nos tres programas, a educación integral alcánzase mediante a aprendizaxe de disciplinas de todos os campos do saber: linguas, humanidades, ciencias, matemáticas e artes.

     Os programas do IB fomentan a mentalidade internacional en alumnos e educadores a través do perfil da comunidade de aprendizaxe, un conxunto de valores que reflicten os seus principios:   

    • O Bacharelato Internacional ten como meta formar xoves solidarios, informados e ávidos de coñecemento, capaces de contribuír a crear un mundo mellor e máis pacífico, no marco do entendemento mutuo e o respecto intercultural.    
    •  En pos deste obxectivo, a organización colabora con establecementos escolares, gobernos e organizacións internacionais para crear e desenvolver programas de educación internacional esixentes e métodos de avaliación rigorosos.
    •  Estes programas alentan a estudantes do mundo enteiro a adoptar unha actitude activa de aprendizaxe durante toda a súa vida, a ser compasivos e a entender que outras persoas, coas súas diferenzas, tamén poden estar no certo.

Os programas do BI son os seguintes:

    • O Programa da Escola Primaria (PEP), para alumnos de 3 a 12 anos, que se concentra no desenvolvemento holístico do neno tanto na aula coma fora dela.
    • O Programa dos Anos Intermedios (PAI), para alumnos de 11 a 16 anos, ofrece un marco para o desenvolvemento académico e habilidades prácticas para a vida cotiá, que integra e transcende as disciplinas tradicionais.
    • O Programa do Diploma, para alumnos de 16 a 19 anos, ofrece un currículo amplo que responde ás necesidades de estudantes altamente motivados, e pode ensinarse en español, francés e inglés, todas elas linguas oficiais do BI. O Programa cúrsase en dous anos e outorga un título que recoñecen prestixiosas universidades de todo o mundo.

    Nos primeiros anos da posta en marcha, o Programa do Diploma consistía nun currículo preuniversitario e unha serie de exames externos comúns para alumnos de colexios de todo o mundo có obxectivo de ofrecer unha auténtica educación internacional. Nun primeiro momento, a maioría dos colexios que ofertaban o Programa do Diploma do IB eran colexios privados internacionais, aínda que tamén había algunhas institucións nacionais do ámbito privado e colexios públicos. Isto foi cambiando ao longo dos anos e na actualidade máis da metade dos Colexios do Mundo do IB, son colexios públicos.

    En cumprimento dos desexos e ideais dos seus fundadores, a Organización do IB ten como obxectivo ofrecer unha educación de calidade para construír un mundo mellor, tal como expresa a declaración de principios antes mencionada.

    O obxectivo fundamental dos programas do Bacharelato Internacional (BI) é formar persoas con mentalidade internacional que, conscientes da condición que os une como seres humanos e da responsabilidade que comparten de velar polo planeta, contribúan a crear un mundo mellor e máis pacífico.

Os membros da comunidade de aprendizaxe do IB esfórzanse por ser:

    • Indagadores
    • Informados e instruídos
    • Pensadores
    • Bos comunicadores
    • Íntegros
    • De mentalidade aberta
    • Solidarios
    • Audaces
    • Equilibrados
    • Reflexivos

    En España, 55 Colexios do Mundo do BI ofrecen os tres programas do Bacharelato Internacional: 6 centros ofrecen o Programa da Escola Primaria, 8 centros ofrecen o Programa dos Anos Intermedios e 54 centros ofrecemos o Programa do Diploma.

    O noso Centro obtivo a autorización para impartir este programa no ano 1989 gracias en gran medida ás xestións do entonces senador Xaime Barreiro Gil membro do Consello Escolar do Instituto. O Rosalía de Castro foi así o primeiro Centro público da nosa Comunidade en impartir este Bacharelato, e naquel momento un dos oito Centros públicos de España.

    A primeira promoción do BI, graduóuse en 1991, e desde entón foron sucedéndose exitosas promocións ata chegar ó momento presente. Estes alumnos colleitaron moitos éxitos na súa vida universitaria e profesional, e son a mellor publicidade e carta de presentación deste programa de estudos.

    Moitas dudas e confusións xurdiron nun primeiro momento: ¿era un tipo de ensinanza elitista?, ¿dado o seu coste, debería impartirse só en centros privados?, ¿terían que pagar os alumnos os seus dereitos de matrícula, e de ser así, non quedaba entonces o BI restrinxido só ós economicamente mais favorecidos que podían cursar esos estúdios nun centro privado?

    O plantexamento do director do Instituto e impulsor do proxecto, Ubaldo Rueda Soto, era que este tipo de ensinanza de calidade non quedase precisamente reservado a aqueles com mais oportunidades, e facelo asequible ós alumnos que estivesen dispostos a aceptar o reto que supón o cursar un currículo distinto, con unha metodoloxía diferente, e ó mesmo tempo simultanear os estudos do BI cós do bacharelato reglado para poder presentarse ós exames de Selectividade. Isto supuxo algunhas dificultades á hora de conseguir financiamento para cubrir os gastos que en calquera centro privado ten que abonar o alumno.

    Con esa intención, o director conseguiu ilusionar a un grupo de profesores que se embarcaron no proxecto ben dispostos a afrontar os problemas que todo comezo supón: preparación de novos currículos sen o apoio dun libro de texto, preparación dos alumnos para uns exames de avaliación externa (os exames prepáranse en Cardiff, e son corrixidos en distintos paises do mundo), que ó mesmo tempo está avaliando o labor do profesor, etc.

    Como coordinador do BI, o director nombrou a José Filgueira Cobos, profesor de Física, que desempeñou o seu labor ata que se retirou no 2007, ano no que, Ana Mª Quintáns Vázquez, profesora de Inglés, foi nomeada para continuar o seu traballo de coordinación contando sempre coa súa experiencia e total colaboración.

    Nos primeiros anos o BI estivo cofinanciado polo Ministerio de Educación e o Concello de Santiago de Compostela que desde sempre apoiou o proxecto. Unha vez transferidas todas as competencias educativas ó governo galego, o Ministerio argumentou que este pago correspondía á Conselleria de Educación da Xunta de Galicia. Isto levou a unhas duras negociacións e puxo en perigo a continuidade do proxecto, pero afortunadamente conseguiron solventarse as diferencias e actualmente tanto a Xunta coma o Concello están totalmente implicados no desenvolvemento deste tipo de ensino.

    No ano 1992, do 28 de febreiro ó 1 de marzo, o Instituto Rosalía de Castro foi anfitrión do seminário do BI sobre as seguintes matérias: Historia, Filosofia, Teoría do Coñecemento, e Español A1. Ó ano seguinte, do 12 ó 14 de novembro celebróuse no Instituto o Congreso Anual do BI, xunto cós seminarios de Español A1, Química, Matemáticas e Teoría do Coñecemento. O Bacharelato Internacional quedaba así consolidado.

    Hoxe en día, o noso Instituto leva xa formadas 20 promocións de alumnos neste programa de estudos con grandes éxitos académicos. Todos eles recordan o paso polo Centro como algo que marcou ás súas vidas, e non perden ocasión de volver a visitarnos, e de recomendarlle a outros posibles candidatos, sobre todo irmáns e familiares que non perdan a ocasión de acceder a este tipo de formación. Neles temos a mellor estímulo posíble para poder seguir formando xoves cualificados e competentes para o futuro.

    Cada vez son máis e máis as persoas interesadas en aceptar o reto que supón o cambio a un sistema académico e metodolóxico diferente, e coa mesma ilusión coa que empezamos, seguiremos a formar a estes alumnos de mentalidade internacional que van a integrarse a un mundo sen fronteiras.

José Filgueira Cobos / Ana Quintáns Vázquez

 

Boletín de Novas

Suscríbete ao noso boletín de novas e mantente informado ao momento.

Contacta con nós

Nuestros datos de contacto son los siguientes:.

O Rosalía nas Redes Sociais

Estamos en las redes sociales. Síguenos!.
Vostede está aquí: Inicio DOCENCIA Programacións Contido Bacharelato Internacional