O Rosalía de Castro a polo campionato galego

 O Rosalía de Castro busca o campionato galego este sábado en Coruña ante o Básquet Coruña, e depende de si mesmo para lograr o alirón na última xornada de Liga Galega. Ó equipo colexial bástalle unha victoria para ser campión galego.

O que si é seguro é que o Rosalía infantil xogará por segundo ano consecutivo o Campionato de España, que se o ano pasado tiña lugar en Lanzarote, este ano trasládase á illa de Gran Canaria.

Esta opción materializábase matematicamente este pasado domingo nun partido moi duro ante o cuarto clasificado, o CB Ferrol, que viña con ánimo de revancha logo de que os compostelanos lle ganaran a Copa Galicia por tan só un punto e no seu feudo hai uns meses.

Logo dunha primeira volta inmaculada na que os colexiales contaron todos os seus partidos por victorias a segunda volta deixaría algún tropezo ó comezo da segunda. O Rosalía contou como derrotas nesta volta os seus desplazamentos a Ourense ante o COB e a Lugo ante o Estudiantes, partidos igualados que perdía por tan só 2 e 4 puntos. Así as cousas agora o Rosalía necesitaba ganar todos os partidos restantes para ser campión se quería depender de si mesmo. Sen embargo o peor estaba por chegar, pois o mellor xogador do equipo, Eduardo Lada, convocado coa selección española en Semana Santa, tiña que parar o resto da tempada por unha enfermidade que o obligaría a pasar polo quirófano.

O ánimo do equipo non era o mellor para afrontar os sete partidos que quedaban e que había que ganar se querían estar no máis alto da Liga.

Sen embargo a motivación e as ganas do equipo non cesaron nunca e foron eliminando rivais.

Sen embargo, o partido contra Ferrol, era diferente, pois Edu Lada non ía poder nin estar presente por estar convaleciente da súa operación aínda na UCI.

Sen dúbida se houbese un calificativo para a victoria que o Rosalía conseguiu ante un rival moi duro ese sería épica. As cousas comezaban mal para o equipo que no minuto 12 de partido acumulaba unha desventaxa de 18 puntos. O balón non quería entrar e a defensa do Rosalía non podía co xogo directo de Ferrol e o adestrador recibía unha falta técnica por parte do dúo arbitral. Todo parecía en contra. Sen embargo, tempo morto, e a reacción local non se fixo esperar. Había que ganar, polo equipo e por Edu. Non se podía deixar pasar a oportunidade. Ó descanso a remontada parecía inminente cando a diferencia se reducía a tan só 5 puntos 37-42. E foi ahí cando a defensa do Rosalía se convertiu en inescrutable para deixar en tan só 18 puntos na segunda parte ó equipo e consumar unha victoria épica por 65-60. Ó mesmo tempo un recién operado Edu Lada saltaba de alegría nunha cama do Clínico, levantando o puño en sinal de victoria. Edu, que estivera seguindo o partido minuto a minuto a través da comunicación por móbil entre seu pai (que estaba no pavillón) e súa nai , ó seu lado naquel momento.

Xogadores: Yago Lestido, Edu Lada, Carlos Hernández, Miguel López, Mario Pampín, Pablo García, Didac Blanco, Pucho Magdalena, Mark Gold, Manuel García, Jorge Barros.

Adestradores: Álvaro Abuín, Pablo Cereijo e Aitor Prol.

Boletín de Novas

Suscríbete ao noso boletín de novas e mantente informado ao momento.

Contacta con nós

Nuestros datos de contacto son los siguientes:.

O Rosalía nas Redes Sociais

Estamos en las redes sociales. Síguenos!.
Vostede está aquí: Inicio Novas e Eventos O Rosalía de Castro a polo campionato galego