O Rosalía gaña os “Premios Buero de Teatro Joven”

O Rosalía gaña os “Premios Buero de Teatro Joven”

 Despois de ter acadado nestes últimos anos diferentes recoñecementos: obra finalista, mellor vestiario ou mellor actriz, o grupo de teatro do Rosalía logra, coa obra Disparate, o merecido premio á mellor obra de Galicia, así como o galardón ao mellor actor, que recaeu no alumno Manuel Lago.

A obra, que é unha adaptación de dous textos de Fernando Arrabal: El triciclo e Pic-Nic, foi estreada no mes de abril no Certame Intercentros de Teatro, no que o alumno deste grupo, Jose Vera, foi nomeado mellor actor.

Os compoñentes do grupo: Jose Vera, Sara Mouriño, Manuel Lago, Leo Salgado, Enrique Carretero e Sara Lois cursaron Bacharelato este ano, e forman un dos tres grupos de teatro cos que conta o centro.

O director destaca o grande esforzo realizado polos actores para enfrontarse á complexidade do teatro arrabaliano. O infantilismo, característica do teatro do absurdo, foi un dos elementos no que máis dificultade atoparon, especialmente aqueles actores que encarnan un personaxe ancián con mentalidade infantil. Por outra banda a posta en escena supuxo tamén un duro traballo debido á aculumación de utilería en escena, como é costume neste tipo de teatro, que ixixíu dos actores unha dedicación extra á hora de ensaiar os movementos escénicos

Boletín de Novas

Suscríbete ao noso boletín de novas e mantente informado ao momento.

Contacta con nós

Nuestros datos de contacto son los siguientes:.

O Rosalía nas Redes Sociais

Estamos en las redes sociales. Síguenos!.
Vostede está aquí: Inicio Novas e Eventos O Rosalía gaña os “Premios Buero de Teatro Joven”