Fallo do xurado da XXI edición do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente



O próximo 16 DE Xuño, ás 12,45 h no Salón de Claustros do IES ROSALIA DE CASTRO darase a coñecer o fallo do xurado da XXI edición do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente.

AS NOVELAS FINALISTAS DESTA XXI EDICIÓN SON:

LÍNGUA GALEGA

A lúa da colleita de Anxos Sumai Ed. Galaxia
A memoria da choiva de Pedro Feijoo Ed. Xerais

Somnámbulos de Suso de Toro Ed. Xerais

 

LÍNGUA CASTELÁ
Así empieza lo malo de Javier Marías Ed. Alfaguara

El balcón en invierno de Luis Landero Ed. Tusquets

El Impostor de Javier Cercas Ed. Random House

 

LÍNGUA ESTRANXEIRA
Barba Azul de Amélie Nothomb Ed. Anagrama
El testamento de María de Colm Toibin Ed. Lumen

Expo 58 de Jonathan Coe Ed. Anagrama

 

Nesta XXI edición, para celebrar as 20 edicións entregadas, houbo novidades importantes tanto na selección dos escritores finalistas como dos centros que forman parte do Xurado.

Concretamente, os escritores finalistas son autores xa premiados en anteriores edicións que teñen obra recente. Os institutos galegos que forman parte do xurado tamén son Institutos que formaron parte do xurado en algunha das anteriores edicións e son o Xelmirez I de Santiago, o Lucus Augusti de Lugo, o Pintor Colmeiro de Silleda e o Ferro Couselo de Ourense. Ademais, por primeira vez, catro institutos de países da Unión Europea, un inglés, Hockerill College de Londres, un francés, Saint Français Xavier de Vannes na Bretaña francesa, un alemán, Grimmelshausen de Frankfurt e un portugués Escola Secundaria de Santa Comba Dao, tamén forman parte do Xurado.

 

Boletín de Novas

Suscríbete ao noso boletín de novas e mantente informado ao momento.

Contacta con nós

Nuestros datos de contacto son los siguientes:.

O Rosalía nas Redes Sociais

Estamos en las redes sociales. Síguenos!.
Vostede está aquí: Inicio Novas e Eventos Fallo do xurado da XXI edición do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente