SUSPENSIÓN DAS CLASES

SUSPENSIÓN DAS CLASES

 Seguindo instrucións da Consellería de Educación, o centro estará pechado para o alumnado dende o luns 16 ata o día 29 de marzo. O profesorado programará actividades para que o alumnado realice no seu domicilio. No caso de 2º de bacharelato, o profesorado procurará en todo momento que o alumnado continúe avanzando nos contidos curriculares. Esas actividades serán enviadas ao alumnado a través da Aula Virtual (https://www.edu.xunta.gal/centros/iesrosaliacastro/aulavirtual2/) ou do correo @iesrosaliadecastro.org

 

2º BACHARELATO

De reanudarse as clases o 30 de marzo, tal como está previsto nestes momentos, os exames de 2º de bacharelato que non se fixeron pola suspensión de clases realizaranse nesa semana e a avaliación será o venres 3. A avaliación que estaba prevista para o día 18 de marzo suspendeuse.

 

CICLOS FORMATIVOS

Os titores dos ciclos formativos comunicarán ao alumnado as tarefas a realizar e as datas dos exames pendentes de 2º curso. A comunicación realizarase a través da plataforma Google Classroom.

Boletín de Novas

Suscríbete ao noso boletín de novas e mantente informado ao momento.

Contacta con nós

Nuestros datos de contacto son los siguientes:.

O Rosalía nas Redes Sociais

Estamos en las redes sociales. Síguenos!.
Vostede está aquí: Inicio Novas e Eventos SUSPENSIÓN DAS CLASES